viernes, 6 de mayo de 2016

Case rematado!

O esforzo vai dando os seus froitos pouco a pouco... E o xogo está case rematado. Decidimos decoralo dunha maneira moi atractiva para os rapaces: con minions!!

                                                         Fonte

Agora estamos elaborando a guía didáctica, aínda que temos que quedar de novo para revisar o material e arranxar unhas cousiñas.

Veña que xa queda pouco!

martes, 3 de mayo de 2016

Seguindo co traballo!

Despois de intentar facer un vídeo grabando unha pirámide alimenticia feita en cartulina, vimos que esta idea quedaba bastante "cutre", por dicilo dalgunha forma.
Polo tanto, eu, Lucía, púxenme hai unha semana a intentar levar a cabo o proxecto utilizando unha ferramenta de creación de vídeos animados, chamada Moovly (podedes acceder a ela pinchando aquí). Esta ferramenta está moi ben, pero para crear un vídeo algo chulo debes ter un mínimo de control sobre ela, cousa da que eu non dispoñía, pois acabábaa de descubrir grazas a unha exhaustiva búsqueda en google. Aínda así, recoméndovola, pois estouna usando para realizar outro traballo e é bastante fácil cando lle pillas o tranquillo, pero para facer este traballo alí xa non dispoñiamos de tempo físico.
Polo tanto, falámolo e decidimos que o guión e a idea que tiñamos se podían realizar perfectamente nun power point, pois é unha especie de xogo explicativo sobre a pirámide dos alimentos. E empezamos a traballar nel, ata hoxe, que xa está prácticamente acabado, aínda que tivemos algúns problemas técnicos neste tempo, como que casi perdemos todo o traballo porque o ordenador de Javi non encendía e non o gardaramos en ningún outro lado, e que unha das diapositivas non funcionaba como debía.

E isto, por agora, é todo. Esperamos que o traballo nos quede o ben que queremos, e o máis importante, que nos dea tempo a acabalo no prazo!

domingo, 10 de abril de 2016

1ª xuntanza

Hoxe, domingo 10 de abril, xuntámonos para falar sobre o traballo que estamos a elaborar.
O tema que ao final decidimos tratar, despois de darlle unhas cantas voltas á cabeza, é a Pirámide dos alimentos.
Para isto, decidimos facer un vídeo interactivo en Youtube no que o neno nos axudará a poñer cada alimento no seu lugar, e nós irémoslle dando unha pequena explicación sobre cada un deles.
Polo momento, temos feito un pequeno guión do que imos dicir e unha idea xeral de como vai ser o video, mais estamos aínda a tempo de cambiar de opinión...

Seguiremos informando!

                                           Fonte

domingo, 3 de abril de 2016

BENVIDOS!

Ola!!!


Somos Javier Quintairos e Lucía Rodríguez, do 1º curso do Grao de Mestre ou Mestra en Educación Primaria da Universidade de Santiago de Compostela.
Aínda que o nome do blog non ten nada que ver, aquí imos ir contando o proceso de elaboración dun material didáctico para nenos de Primaria para a asignatura de Escola, Comunidade e TIC , que xa concretaremos noutra entrada.

Un saúdo, queridos lectores.

                                          Fonte